Asunción, María e José

8/7/2016

«Asunción, María e José» é un percorrido pola vida dalgunha xente. Xente con nome propio que nunca buscou a gloria, só gañar o pan coa suor do seu lombo.

A mostra pretende ser unha ollada profunda, na que se lle trata de ensinar ao visitante como mirar cara unha fotografía, e dar, se cabe, unha maior importancia aos nosos antergos.

Marcos Rodríguez resume así o traballo de nove anos percorrendo casas e costumes dos veciños da Costa da Morte. Moitos dos retratados xa non están connosco, así que sirva esta humilde -e agarimosa- exposicón como homenaxe a todos eles.

O lugar escollido é a Casa da Cultura do Concello de Vimianzo. Estades todos convidados: non faltedes!

http://bit.ly/expo_vimianzo  Graciñas de antemán pola difusión do evento.

En La Voz de Galicia

entrevista en Radio Voz