Premio Principado de Asturias 2018
Premio Principado de Asturias 2018
Que pasa na costa
O Trofeo do Premio Principado de Asturias de Fotografía só pesa 11 kg Non, non é unha nova repetida. É un premio máis, que suma Marcos Rodríguez. O fotografo carballés, acaba de recibir outra gran nova. É o gañador do X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación, un dos premios (este de carácter bienal) máis importantes a nivel estatal, xunto cos Goya, os Lux e os Quijote. » Non contaba con gañalo dende logo, porque había sobretodo dúas fotos na miña categoría que me parecían espectaculares, pero ao final, xa ves ti, e coa foto que menos pensaba que podería gañar», explica con humildade despois de levar o premio á segunda vez que se presenta. «Que supón para mín? Home, gañar un premio sempre está ben, a ninguén lle amarga un doce. A min encántame que me recoñezan o meu traballo pero tamén é certo que coas nominacións sempre me dou por máis que satisfeito». Non puido asistir por motivos persoais á gala de entrega de premios, e un amigo recolleu un dos trofeos máis pesados dos concursos de fotografía estatais: só pesa 11 kg! Un premio que de seguro lucirá estupendamente no seu xa repleto recuncho de premios que ten no seu estudio de bodas, situado en Cee.



Nominaciones y premio
Aunque fueron cuatro las obras nominadas, la fotografía de las maletas fue la que se hizo con el preciado galardón.


