reportaje
Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio
Asunción, María e Xosé, xente anónima con nome propio
Agora cabelos negros, Máis tarde cabelos brancos; Agora dentes de prata; Mañá chavellas quebradas; Hoxe fazulas de rosas Mañá de coiro enrugado Marcos Rodríguez leva nove anos retratando os cabelos brancos, as chavellas quebradas e o coiro enrugado de mulleres e homes como Asunción, María e José, como os nosos avós e avoas. Nove anos captando miradas únicas, sorrisos enternecedores, mans castigadas polo traballo duro e frontes cheas de experiencias vividas. Grazas a Marcos podemos coñecer a Palmira, testemuña de excepción das explosións do Cason dende a súa casa de Castromiñán, ou a María e José, unha parella de Santa Mariña, en Camariñas, desgraciadamente xa falecidos, que protagonizaron no ano 2010 a foto gañadora do Premio Xosé Manuel Eirís. Pero eu debo recoñecer que lle estou inmensamente agradecida a Marcos por incluír a Asunción Antelo. A Rexubeira de Bergantiños, que a piques de cumprir 96 anos sigue soñando con ter un gran museo no que poder expoñer as súas esculturas de madeira, barro e pedra, é unha persoa moi moi especial para min. Esas mans que ilustran o cartel, esa mirada no fondo da cociña ennegrecida polo fume e o sorriso co que saúda dende a ventá son Asunción. Así foi e así é ela: traballadora e creativa, de ideas firmes e mirada penetrante, acolledora sempre con quen a visita. E estou segura de que igual que soubo captar a esencia da personalidade de Asunción, Marcos capturou coa súa cámara o espírito dos outros protagonistas desta preciosa exposición. Algo así só pode conseguilo unha persoa que entende a fotografía non só como unha profesión, senón como unha forma de vida. Para Marcos Rodríguez é así. No camiño entre Carballo, onde se criou, e Cee, onde está afincado, Marcos ten atopado moitos motivos de inspiración, moitos momentos irrepetibles para amosar ao futuro e para a eternidade, como el di. A fotografía artística non é, nin moito menos, o groso do seu traballo. Foi xefe de fotografía no semanario O Acontecer, traballou para El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, DxT Campeón e colaborou con Que pasa na costa e La Voz de Galicia, onde está dende o ano 2011. Aí foi onde nos coñecemos máis, porque aínda que os dous somos carballeses, pertencemos a xeracións diferentes e non tropezáramos ata que dalgún xeito nos uniu o traballo. Xa me gustaría a min ter un currículum como o seu. Premio o Concurso Internacional Vagamundos na categoría de paisaxe, premio á mellor fotografía sobre violencia de xénero en Camariñas, no certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, mencións da federación de fotógrafos españois… en fin. O ano pasado chegoulle un dos seus maiores recoñecementos coa medalla de prata na categoría de reportaxe da World Photographic Cup e este ano está que se sae: -Representante do equipo español nas categorías de paisaxe e reportaxe na Copa do Mundo de Fotografía. -Nominado aos “Quijotes 2015” Premio Nacional de Fotografía na categoría de “retrato” con 2 obras -Nominado aos XII Premi Comunitat Valenciana de Fotogafía Professional con 4 obras -Finalista nos European Photographer of the Year Awards nas categorías de Reportaxe Gráfica e Paisaxe. -Finalista nos “Premios Andalucía de la Imagen” nas categorías “Libre creación” e “Retrato Infantil”. Sáese ou non? Hoxe preséntanos Asunción, Xosé e María. Unha exposición na que cada foto conta unha historia vital, permítenos viaxar no tempo, sentir o calor da lareira, o peso das zocas nas lameiras, o suor tras unha dura xornada de traballo na leira… Cada foto conta a historia de cada un e cada unha de nós, dos nosos maiores, espellos nos que debemos mirarnos cada día para aprender do pasado para poder encarar o futuro. Grazas, Marcos, por pensar en min para a presentación. Boa tarde, benvidas e benvidos. Gozade da exposición.
Cristina Abeleira
noticias relacionadas:
La Voz Que pasa na costa
Rebordechán
O tempo da aldea
A parroquia de Rebordechán localízase ao norte do concello de Crecente, na comarca da Paradanta, no leste de Pontevedra. Encrávase ao pé do río Miño, o que fai que teña un desnivel medio forte, variando a altitude entre unha cota mínima de 200 metros á altura do lugar de Parada e unha cota máxima de 600 metros en Tixosa. Ten unha extensión de 5,6 km2. Linda ao norte coas parroquias de Filgueira e Ameixeira; ao sur coas parroquias do Freixo e Angudes; ao leste, co río Miño e o concello de Cortegada; e, ao Oeste, coa parroquia do Couto, do concello da Cañiza.
Parte do concello de Crecente (unha franxa ao longo da beira do río Miño) está incluída no LIC Baixo Miño, zona declarada de importancia comunitaria mediante o Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG nº 69, do 12 de abril do 2004).
O concello de Crecente está declarado como zona de alto risco de incendio (ZAR) pola Consellaría do Medio Rural. No período 2001- 2006, téñense producido lumes forestais todos os anos, acadando o máximo no ano 2006, con máis de 1.100 hectáreas queimadas.
Caracterízase por ser unha parroquia rural, con elevada caída poboacional e pouco índice de actividade económica. O despoboamento, ao igual que acontece noutras zonas de Galicia, é o responsable directo de que, moitas áreas rurais coma esta, sufran con virulencia as consecuencias perniciosas de incendios forestais, falta de servizos, baixas perspectivas na calidade de vida, etc.
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común é consciente dos problemas que afectan, na actualidade, á súa zona vital, á súa parroquia e, polo tanto, tentan tomar cartas no asunto para revitalizar na medida do posible a área da que son naturais. É o compromiso coa súa parroquia, co seu hábitat, quen os leva a tomar moi seriamente a acometida de actividades que contribúan a un desenvolvemento económico e social no rural.
As aldeas do século XXI teñen pouco que ver cos recordos, coa historia e historias que gardan a memoria dos nosos pais e avós. O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega nace co obxectivo de poñer en valor e explotar os recursos da parroquia para crear postos de traballo e diminuír o risco de incendios, para darlle nova vida á aldea.
Rebordechán (Crecente) é unha parroquia duns 50 veciños, Unha aldea de tantas, desas que hai espalladas por Galicia con demasiados funerais e ningún nacemento. Para evitar o último dos enterros, o da aldea en si mesma, había que dar pasos importantes que requerían do compromiso coa terra dun grupo de veciños ou persoas cun vínculo estreito coa parroquia. A proba dese compromiso está na recuperación de festas tradicionais como o Entroido, o Magosto ou ir cantar os Reis, e na creación doutras novas como a Romaría do Castriño, a Noite da Moura ou a Festa dos Cativos. Está na loita pola mellora de accesos e infraestruturas.
No ano 2007 a Comunidade de Montes promoveu un proxecto de recuperación integral da parroquia baseado no aproveitamento dos recursos propios. Moito traballo despois, o 26 de xuño de 2014, o Concello de Crecente, previo informe favorable da Xunta, aprobou darlle licenza de obra para a construción dun establo para cabras, a instalación dun invernadoiro para horta ecolóxica e a dun campamento con tenda e restaurante incluído.
Os 79 socios estamos hoxe máis convencidos que nunca de poder adaptar os vellos recursos ás novas demandas, de poder demostrar non só que a aldea está viva, senón que lle queda moita vida por diante.
info aquí
Danza de Espadas
Danza de Espadas (Villastose – Muxía)
La localidad de Vilastose, en Muxía, ha recuperado hace unos pocos años una de sus más bonitas tradiciones, la danza de espadas, que se había dejado de bailar en 1994. El encargado de tal recuperación fue Gonzalo Liñeiro. Este pasado domingo pudo verse a los niños danzando durante la procesión, dejando imágenes así de bonitas. malesuada eros congue varius. Sed malesuada dolor eget velit euismod pretium. Etiam porttitor finibus pretium. Nam suscipit vel ligula at dharetra.